Cambiando de nombre pero no de objetivo. Antes Carqueixa Burbiana y ahora Geografía Burbiana.

jueves, 2 de mayo de 2013

A COVA DA BRAMUDA!!!

A COVA DA BRAMUDA

Cuntan que na terra dos maragatos, fai mutos centos de anos que tiña un rey mouro unha filla muy feita e noviña , e que levávala con él sempre de campamento en campamento, cuando taba guerreando no Bierzo.Facía esto porque quería casala cun príncipe, fillo do vello Califa de Damasco, pra que cuando morrera, facerse él o Gran Califa de todolos mouros.

Téndo a princesa con él non había peligro de que se namorara de ningún outro. Un día de Abril dóulle o rey mouro de subir pola ribeira do Burbia pra conquistala terra dos astures que defendía pros cristianos o rey Pelayo e que lle dixeran que era rica en ouro. Así que foi conquistando a Somoza e os Ancares e collendo presos os máis rebeldes, entre os que había un vilarego que tiña fama de bon mozo e mellor guerreiro. Xa taban acampados no que ahora son As Liñares, e tiñan o vilarego atado con cadeas a un rebolo, pra que morrera de fame e de sede si non lles decía ónde taba a xente que escapara polo monte.

Cuando xa non podía resistir máis, a noite véilo a filla do rey e préndase dél. Dalle auga a escondidas e tamén unha boa cazola chea de moras do monte . Pídelle o carceleiro as chaves e sóltalle as cadeas, e xuntos marchan a pe do ríu, ca intención de xuntarse cos outros que taban escondidos no pico do monte de Tardelo, pasada a Campa do Pradairo, esperando que marcharan os mouros pra volver as súas casas e os sous traballos diarios. Polo que fai a éla, como castigo de haberse xuntado co mozo infiel, tiña que matála, pero como, a fin e o cabo, era a súa filla, pernodóulle a vida. Mais ca axuda do mago que sempre levaba tamén con él, condénala a ser culebra por siempre e a vivir na COVA DA BRAMUDA, Deixándolle nun sitio secreto da cova todalas xoyas e tesouros que levaba, ca disculpa de que lle pesaban muto pras batallas e que xa volverían por eles. Despóis de vencer a o Pelayo. E é que ascasí tiña pena pola filla e consentíu que o mago lle fixera un novo encanto: e era que unha vez cada ano bisesto, no mes de Abril, podera saír e tar na entrada da cova todo un día. E o faría na forma dunha muller rubia e muy guapa, pero que vería solo por un ollo. E déixalle unhas tixoras pra que pudera cortarse o pelo e as uñas que seguiríanlle crecendo inda en forma do reptil. Asi taría como culebra (un día cada 4 anos como muller) hasta que un xabarín blanco a bicara no ollo cego o día que a vira na súa forma de muller.Entonces xa non volvería a forma de culebra .

Polo que fai a él, dóullo o sou visir para que o degollara, mais éste era compasivo e conseguíu en secreto que o mago o convirtera en xabarín blanco dicíndolle que volvería a súa forma de home cuando vira unha moza cega dun ollo e pudera bicarllo.De non ser así seguiría por siempre como inmortal xabarín blanco. O mozo en cuanto se viu xabarín trotou fozando polos prados de Trabado cara o riu de Teixeira que baixaba por eilí cerca.

Pasaron anos e na primaveira do primeiro bisesto, acertóu a pasar polo lado da cova un cazador camposo que iba poñela súa trapela nos montes do Crespo. Encóntrase con aquela muller rubia na entrada da coba e que dícelle.-Cazador, dóuche o que me pidas de todo o que teño na cova (e fáille ver os tesouros ) si me traes vivo un xabarín blanco. Bueno, pois a tardiña preséntase xa o camposo co xabarín blanco, atado polo pescozo e non conocendo o ouro e non sabendo pra que servirían as outras xoyas e alhaxas , pídelle as tixoras. Polo menos servirían pra cortá-la corda e deixarlle o xabarín blanco a ela. Ela non ten mais remedio que darlle as tixoras, pois tiña que cumplir a palabra dada. Mais de repente dándose conta que tería que ser por siempre culebra, poíse como unha furia, cuntándolle o camposo a histori. E desesperada, córrelo a cantazos e cuando xa o camposo pensaba que morría, chegóu o camin de Vilar, e vota a correr deixando a muller que, como xa non había sol, volve a facerse culebra e marcha pra cova, espantando o xabarín que pérdese outra vez polo monte arriba.

En chegando a Vilar o camposo cunta todo o que lle pasara no día, e desde entonces cada cuatro anos, na primaveira, a xente de caza pasa polas cercanías da Bramuda por ver si dan co xabarín blanco e poder conseguir acertar co escondite dos tesouros da Cova da Moura da Bramuda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario